Volver

Visita a Clube de Remo de Chapela

Hoxe tocounos visitar as instalacións do clube en Chapela, Germán, Kevin e varios exalumnos  do noso propio centro foron os encargados de facernos pasar unha tarde deportivamente moi entretida. Despois de ver as embarcacións e facer unha sesión de quecemento, pasaron ao ximnasio onde aprenderon un pouquiño máis da práctica do remo, tanto nas máquinas do ximnasio, no ergómetro, como no foso, onde experimentaron a sensación de estar mesmamente nunha trainera.  A sesión resultou un éxito, os rapaces  esperan impacientes o día de saír de verdade ao mar.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar