Volver

A XUNTA DE GALICIA RECOÑECE NUN ACTO OFICIAL O ESFORZO DOS CENTROS EDUCATIVOS QUE IMPLANTARON O MODELO PLURILINGÜE.

post
Ver más imagenes

A XUNTA DE GALICIA RECOÑECE NUN ACTO OFICIAL O ESFORZO DOS CENTROS EDUCATIVOS QUE IMPLANTARON O MODELO PLURILINGÜE.

O mércores 15 de novembro o Colegio Vigo  participou na “entrega estrelas Edulingüe: Plurinfantil, PluriBach e PluriFP” na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, onde fomos galardoados cunha estrela verde pola implantación do plurilingüismo desde Primaria e a ESO ata Educación Infantil.

EDUlingüe 2020 permitiu por primeira vez este curso estender o modelo plurilingüe a todas as etapas, logrando acadar 83 centros en infantil, 4 en bacharelato e 12 ciclos formativos, según a Xunta.

Román Rodríguez, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen presidiu o acto, definiu o modelo plurilingüe no ensino como “moito máis que un proxecto educativo”. Co motivo da entrega de distinción aos centros educativos que este curso ampliaron o plurilingüismo a Infantil, como é o caso do Colegio Vigo, o conselleiro salientou que “o Plurilingüismo  prepara aos mozos e ás mozas para os retos da actual sociedade globalizada, e significa mellorar as perspectivas laborais dos, mañá, futurosprofesionais”.

A extensión do modelo plurilingüe a todas as etapas (ata agora só estaba presente en primaria e secundaria) é unha das novidades que introduce a Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe 2020.  Estas distincións, con forma de estrela de diferentes cores para cada etapa, recibíronas os 83 centros que estenderon este curso 2017/18 o plurilingüismo a educación infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e FP(PluriFP).