Actividades de Bachillerato en Ciencias Sociales
No marco de actividades do Departamento de Linguas e Idiomas do noso centro,o xoves 14 de novembro, a pesares do tempo, o grupo de 1°de Bacharelato acudiu ao auditorio do concello de Vigo para asistir ao visionado do documental en francés Swagger, de Olivier Babinet. Esta actividade, proposta pola Alliance Française de Vigo, acercou ao noso alumnado á realidade dalgúns estudantes que viven nos suburbios da capital do país galo. Sen dúbida, unha moi boa experiencia.