Actividades de Bachillerato en Ciencias Sociales
Incidindo nas últimas investigacións que sitúan o día do seu nacemento o 23 de febreiro,levamos toda a semana traballando na celebración do Día de Rosalía de Castro de diferentes formas: presentación de traballos,relatos, debuxos e contos, preparación dun mural conmemorativo...
En 1° de Bacharelato mesmo fixeron un "rosco" de preguntas arredor da nosa escritora máis célebre e compartiron unha rolda de cuestións e respostas cos alumnos de 1° de FPB de Servizos Comerciais.
Todos aprendimos algo e resultou unha experiencia moi gratificante.