Actividades de Educación Infantil

Volver

Aventuras de outono en Cesantes!

post

Hoxe, o alumnado máis pequeno do colexio embarcouse nunha viaxe máxica á praia de Cesantes para descubrir os segredos do outono! Con lupa e moito entusiasmo, buscaron e rexistraron achados e tesouros sorprendentes: follas de cores, animais, landras ... Cada cousa que atoparon conta unha historia, e hoxe aprenderon a escoitala e a vela con ollos novos.
Despois da exploración recuperaron forzas coa merenda e continuaron gozando deste fermoso lugar cun tempo dedicado ao xogo no parque.

Gústanos aprender ao aire libre e explorar a natureza!

https://photos.app.goo.gl/2piGhEet9bZ17UFRA