Actividades de Educación Infantil

Volver

EDUCAMOS EN DIVERSIDADE A TRAVÉS DA LECTURA

post
Ver más imagenes

Educamos en diversidade a través da lectura

Fai unhas semanas demos comezo a esta actividade impulsada polo Departamento de Orientación do noso centro, coa finalidade de traballar a diversidade e a igualdade a través dos contos na aula e no fogar.
Durante uns días, os libros viaxan ás casas do noso alumnado para que poidan compartir a súa lectura en familia, reforzar as aprendizaxes realizadas e vivir un momento especial arredor das emocións e dos valores que estamos a traballar no cole. 

Dentro da proposta “Pasaporte: Viaxeiros polo Mundo”, cada neno e nena realizará un debuxo sobre o que máis lle gustou ou emocionou da historia. Ao rematar, poderá estampar o seu Selo de Lectura no pasaporte como símbolo de misión cumprida 

Moitas grazas familias por acompañarnos nesta viaxe tan especial!