Actividades de Educación Infantil
Explorando Moaña!
Hoxe o noso alumnado de infantil gozou dunha fermosa saída para descubrir a contorna de Moaña e a ría de Vigo.
Durante o paseo puidemos observar o mar, coñecer algúns elementos da cultura mariñeira e visitar lugares tan curiosos como o Fisgón.
Despois da pequena aventura, tocou recuperar enerxías cunha merenda e un tempo de xogo ao aire libre, compartindo risas e momentos moi especiais.
Un día diferente cheo de aprendizaxe, natureza e diversión!
