Actividades de Educación Primaria

Volver

Pandi xa está libre! Comezan as súas aventuras en 2º de EP

post

Hoxe por fin Pandi comeza as súas aventuras ao longo deste curso nos fogares do alumnado de 2º de EP!

Pero para que isto fose posible… tivemos que liberalo dun secuestro .
Os valentes axentes de 2º superaron con éxito un scaperoom cheo de probas, repasando os contidos da Unidade 1  e descubrindo o código secreto do condado .

Grazas ao seu esforzo conseguiron rescatar a Pandi… e, por suposto, tamén houbo recompensa final .

Unha experiencia xenial que marca o inicio dunha gran aventura!