Actividades de Educación Primaria
Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros de Teis
Alí puidemos coñecer de primeira man as súas dependencias, ver de preto os camións e descubrir a importancia da súa labor diaria ao servizo da comunidade. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendemos moito sobre prevención, seguridade e traballo en equipo.
Queremos dar as grazas aos bombeiros pola súa amabilidade e por facernos a visita tan amena e divertida. Encantounos compartir este tempo con vós!
