Actividades de Educación Primaria
8 de marzo – Día Internacional da Muller
No noso centro celebramos o 8M cunha actividade a nivel de todo o colexio, enchendo os corredores con murais cheos de cor e significado.
Cada alumno e alumna deixou a súa pegada creando flores con mans pintadas dentro de macetas, formando entre todas e todos un gran mural colectivo. A través desta actividade quixemos transmitir unha mensaxe clara: a igualdade constrúese e cultívase cada día.
Os murais estiveron acompañados polos lemas:
“Por un mundo con máis igualdade”
“Cultiva igualdade”
Ademais, o alumnado de Infantil e Primaria elaborou postais dedicadas a unha muller importante nas súas vidas: nais, avoas, irmás, familiares ou mestras, recoñecendo o valor e a importancia das mulleres no seu día a día.
Con estas actividades seguimos traballando no centro a educación en igualdade, respecto e convivencia, valores fundamentais para construír unha sociedade máis xusta.
Porque a igualdade non é cousa dun día… cultívase todos os días.
