Actividades de Educación Primaria
Este curso o noso centro celebrou un ano máis a conmemoración da semana do libro. Desde infantil ata bacharelato o alumnado viviu uns días de intensa investigación e inmersión nos libros de Astérix e Obélix escollidos para a ocasión; pois lembramos que fai 50 anos, ao igual que o aniversario do Colegio Vigo, as historietas de René Goscinny e Albert Uderzo gozaban de gran éxito en Europa.
Nas asignaturas de tecnoloxía o alumnado elaborou unhas preciosas figuras dos persoaxes protagonistas, Astérix, Obélix e o seu can Ideafix, que serviron como decoración no escenario. O venres 27 de abril, xa cada curso no salón de actos explicou as características dos persoaxes máis representativos da serie e asistimos á recreción dalgunha das máis famosas e divertidas aventuras, como por exemplo, Os Xogos Olímpicos ou Astérix e as doce probas.
Xa por último, parte do alumnado da ESO e Bacharelato levou a cabo unha exposición moi interesante sobre rasgos comúns entre as terras galas e Galicia. O acto rematou cunha sesión de fotos dos alumnos e alumnas cos protagonistas do cómic e o visionado da película animada, Astérix en Bretaña (1987).