Actividades de Educación Primaria

Volver

FESTA DE SAMAÍN NO COLEGIO VIGO

post
Ver más imagenes

 

                                                          FESTA DE SAMAÍN NO COLEGIO VIGO

Como xa é tradición, o Colegio Vigo celebra cada 31 de outubro a festa de Samaín cos escolares. Este ano ademais da popular exposición de cabazas que o alumnado prepara coas familias a quen desde aquí felicitamos pola súa creatividade e sofisticada elaboración,  temos que dar conta de varias actuacións que diferentes cursos ofreceron co gallo da festa. Os máis cativos do cole amenizaron o evento coa interpretación do conto musical Corre, corre Cabaciña de Eva Mejuto Rial; os alumnos e alumnas de Segundo de Primaria tiñan preparado para a ocasión un poema titulado A pantasma que morreu co susto e xa os cursos superiores de Primaria deron lectura aos contos de terror escritos por eles mesmos que foron gañadores nas súas clases correspondentes.

Pero en toda festa de Samín que se precie non podería faltar un túnel terrorífico polo que os máis valentes dos alumnos e alumnas  e mesmo  do profesorado desfilaron sen pensalo dúas veces. Nesta ocasión, tres mestres de primaria, María, Raúl e Alex deleitáronnos coa escenificación do conto creado por eles Onde andará Natacha? e despois invitáronnos a pasar polo corredor tenebroso en busca de Natacha, a protagonista da nosa historia, que nada máis lonxe de dar sustos, so pensaba en comer galdrumadas agochada no vestiario do pavillón.

 A mañá rematou en baile, reparto de cabazas e chuches e moita emoción. Un curso máis o Samaín encheu de maxia as nosas aulas.