Actividades de Educación Primaria

Volver

O MAGOSTO NO COLEXIO

post
Ver más imagenes

Obradoiro de Pan de Millo e Festa do Magosto no Colegio Vigo

Os peques de Educación Infantil do Colegio Vigo, realizaron este curso co gallo da festa gastronómica do Magosto, celebrada o pasado venres dezaseis de novembro, un obradoiro de pan de millo no cole. Divertíonse e aprenderon mesturando fariña de trigo, sal, un pouquiño de auga e moitas gañas para que o resultado saíse tan saboroso como era de esperar. Grazas a todos estes ingredientes e moita paciencia conseguiron que todo o cole arrecendera a pan recén feito da forma máis natural e así dispor todo o necesario para dar comezo á festa.

Un ano máis e seguindo a tradición, o alumnado de Infantil, Primaria e ESO participou do Magosto escolar xunto coas familias que se achegaron ao noso Centro para visitarnos e pasar unha xornada diferente celebrando esta marabillosa festa na honra das castañas.

A celebración deu comezo ás doce e media da mañá coas actuacións dos diferentes grupos de escolares onde non faltaron refráns e cancións populares acompañadas de instrumentos tan nosos coma a pandeireta e as cunchas. Acto seguido tivo lugar a degustación de castañas asadas con chourizos e pan. Pero como non todo vai ser comer, non faltaron xogos tradicionais como os zancos, as carreiras de sacos, a comba, etc,. na que os país animosos tamén participaron.

 

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar