Actividades de Educación Primaria

Volver

LECTURA DUN MANIFIESTO EN REDONDELA

post
Ver más imagenes

Hoxe, os colexios de Redondela conmemoraron xuntos e con algo de adianto (25N) o Día contra a Violencia de Xénero. Os alumnos dos centros fixeron unha alfombra floral e unha lectura conxunta dun manifiesto, na que participou tamén unha das nosas compañeiras de 6º de Primaria. Escoitaron tamén as palabras de varias mulleres comprometidas nesta loita e unha representación teatral que nos fixo reflexionar e emocionarnos.