Actividades de Educación Primaria

Volver

DÍA DA PAZ

post
Ver más imagenes

Este 30 de xaneiro o Colegio Vigo celebrou a paz dun xeito moi doce. O alumnado de segundo de bacharelato vestido de chef animou a todo o Centro a participar neste día repartindo a entrada do Salón de actos caramelos e tarxetas de felicitación a todos os presentes.

A continuación, tivo lugar a lectura do manifesto de paz onde se resaltaba a orixe desta celebración e se animaba aos nenos e nenas e mozos e mozas do cole a conseguir un mundo mellor e a loitar por un futuro sen violencia. Despois, os alumnos de Infantil e 1º e 2º de primaria cantaron para todos a canción Un sueño dulce de Paz; acto seguido un representante de cada curso saiu ao escenario para ler o seu lema (este ano relacionado cos ingredientes necesarios para facer unha gran torta de paz). Estes lemas viñan escritos en preciosos “cupcakes” decorados polo alumnado durante toda a semana que despois foron pegados nunha gran torta que presidía o noso escenario.

Por último todos xuntos cantamos a canción “Al mundo entero quiero dar un mensaje de paz”, coa animación e coreografía dos chefs de bacharelato e como colofón final, a tradicional solta de globos brancos e rosas por todo o recinto.