Actividades de Educación Primaria
E por fin chegou a tan ansiada celebración do Samaín no Colegio Vigo. Non faltou a exhibición de cabazas (grazas familias pola vosa implicación), a magnífica interpretación da titora de terceiro de Primaria e o mestre de E. Física e PT desta mesma etapa coa colaboración especial dunha alumna de bacharelato, dando vida a terroríficos pero divertidos e cariñosos personaxes. Grazas aos docentes de etapas superiores que motivaron ao alumnado de Bacharelato e 1° FPB de Servizos Comerciais na preparación, con moito agarimo e entusiasmo, dun bonito escenario festivo para o goce dos máis pequeños. Feliz Samaín.