Actividades de Educación Primaria
Os rapaces de 5º e 6º do Colegio Vigo tiveron a oportunidade, grazas á participación no programa Eduemprende “Grand Prix Financeiro” (AFundación Obra Social ABANCA), de aprender un pouquiño máis sobre a economía e o aforro, a través dun divertidísimo xogo: O Grand Prix financeiro. O xogo consistiu en analizar todo o que compramos no día a día, para diferenciar si era un produto necesario ou un desexo. Para rematar, xogaron a “Oca financeira”, na que por equipos, e cuns aforros, tiñan que ir avanzando polo taboleiro, ata chegar a última casiña. O equipo que conseguise chegar con máis cartos aforrados converteuse en gañador. Aprenderon así, que ao longo dun mes, hai moitos gastos fixos e outros non esperados. Polo tanto, é moi importante saber organizar os cartos e a necesidade de manter uns aforros para cubrir os posibles imprevistos. Foi unha experiencia moi enriquecedora e, sobre todo, súper divertida.