Actividades de ESO. Educación Secundaria Obligatoria

Volver

DÍA DO LIBRO

post
Ver más imagenes

El Principito, obra maestra de Exupèry, homanxeada no Colegio Vigo na Semana do Libro.

O pasado día 26 de abril co gallo da celebración da Semana do Libro o Colegio Vigo fixo unha homenaxe a Antoine de Saint- Exupèry investigando e recreando pasaxes da obra máis famosa do autor, “El Principito”. Xornada interesante e entretida para docentes e alumnado pois despois de varias semanas traballando en cada aula  un personaxe do libro, o venres xuntámonos todos no Salón de actos para celebrar o evento e expoñer o que cada curso tiña preparado.

En primeiro lugar, en distintos idiomas, un grupo de rapaces e rapazas de Bacharelato, ESO e Ciclos deron  información sobre o autor ao auditorio e despois cada curso presentou os personaxes máis salientables do relato, escollendo unha frase representativa do capítulo onde aparecían. Deste xeito foron desfilando polo escenario distintos debuxos que decoraban un precioso cartel do Principiño, desde o protagonista, pasando pola rosa, o aviador, a serpe, o negociante, o xeógrafo o faroleiro e o raposo.

Finalmente rematou o acto co visionado dun bonito vídeo que recollía o resumo da actividade deste días pasados onde o alumnado preparaba os seus debuxos e frases seleccionadas desta gran obra da literatura universal.

As actividades realizadas durante a Semana do Libro estiveron estreitamente relacionadas coa visita que varios grupos de Primaria fixeron ao Auditorio da Xunqueira en Redondela onde tiveron oportunidade de contemplar a interesante colección privada do escritor Carlos Casares de máis de 100 exemplares da obra traducidas a diversas linguas e dialectos do mundo. Esta exposición titulada “O Principiño ao redor do mundo”,  organizada polas Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística e a Fundación Filomena Rivera Alonso tivo moitísima aceptación no noso alumnado que quedou marabillado ao ver a obra na que eles estiveran traballando traducida a tantos idiomas.