Actividades de ESO. Educación Secundaria Obligatoria

Volver

Visita de Dna Conchita Bernárdez

post
Ver más imagenes

O pasado mes de febreiro Dna. Conchita Bernárdez, Presidenta da Fundación do mesmo nome, acudiu ao noso centro para impartir unha clase sobre a preparación do Camiño de Santiago ao 2º curso da ESO, axudando así á elaboración dun vídeo que presentarán ao concurso Escola en Camiño.
Os alumnos fixéronlle moitas e interesantes preguntas que aproveitaremos para facer a reportaxe de Faro da Escola. A charla foi moi interesante, amena e didáctica. Conchita captou a atención do alumnado desde o primeiro momento e explicoulles detalladamente como fixo da súa paixón polo Camiño de Santiago o seu traballo ata chegar a constituir a fundación que promove os valores, a beleza, a natureza e a arte que rodea os diferentes camiños que levan ata a cidade do Apóstolo. A través da Fundación Conchita Bernárdez, son moitos os peregrinos de todas partes do mundo que viaxan ata a nosa terra para camiñar xuntos.
Como colofón fixemos xuntos un pequeno tramo do Camiño que pasa cerca do noso colexio.
Foi unha marabillosa experiencia da que aprendemos moitísimo. Cunha valoración moi positiva.