Actividades de FPB de Servicios Comerciales
Este ano, durante 6 días, viaxamos ata Bélxica.
Visitamos Bruxelas, coas súas rúas cheas de carácter e de historia, visitamos o Parlamento Europeo, onde fomos recibidos polo eurodiputado Francisco Millán Mon, unha auténtica experiencia percorrer o edificio ata o hemiciclo, descubrindo o funcionamento das institucións europeas.
Estivemos en Bruxas e Gante, percorrendo estas fermosas cidades cheas de encanto e gozamos dun fantástico día no parque de atraccións Walibí.
Unha viaxe marabillosa para enchernos de enerxía de cara ao curso que vén...
