Actividades de FPB Mantenimiento de Vehículos

Volver

LIMPEZA PRAIA CESANTES

post

O pasado xoves día 12 de marzo, segundo ano consecutivo que procedemos a realizar a limpeza da praia de Cesantes, foi realizada unha limpeza manual da praia por parte dos alumnos dos cursos de 1º e 2º de FPB de Mantemento de Vehículos do CPR Plurilingüe Vigo, como acción educativa para concienciar no respecto ambiental e a conservación do noso privilexiado patrimonio natural.

Previamente a esta clase práctica, explicamos a importancia que ten protexer o litoral dos lixos que chegan desde a mar e os seus graves prexuízos sobre o medio mariño, por mor do deixamento do ser humano na terra, como latas, plásticos, táboas, papeis, cabichas e vidro.

A xornada comezou coa saída en autobús do centro escolar con destino ao areal antes citado.

 Desde as 9:30h. e ata as 12:45h procedemos á mencionada limpeza, por parte do alumnados dos cursos citados e dous profesores do noso Centro. Con bolsas de distintas cores, para facilitar o reciclado, saímos en grupos en busca de todos os restos de lixo que o mar devolveu á terra.

 Á volta, seleccionamos os residuos e depositámolos nunhas sete bolsas de lixo previamente proporcionadas polo Concello de Redondela para ese fin. Ademais retiramos a madeira depositada no areal a unha zona habilitada para tal efecto polo propio Concello. Cabe destacar o numeroso resto de polas grandes que atopamos na area.

Como residuos “singulares” destacar unha ave en fase de descomposición e unha ancora vella oxidada.

A implicación do alumnado foi total, e este tipo de actividades son fundamentais pola gran concienciación e responsabilidade ambiental que neles se xera.

Contamos coa estreita colaboración do Concello de Redondela, tanto para a xestión dos residuos como para o material necesario.

Dende a chegada dispuxemos do material solicitado (luvas, bolsas e capachos) para a realización da actividade, asemade a apertura dos baños da praia para a utilización do alumnado.

Agradecer a colaboración prestada polo departamento de Medioambiente do Concello, e especialmente o seu técnico e o seu concelleiro polas facilidades e polo seu apoio tanto loxístico como persoal, coa súa presenza incluída .