Actividades de Técnico en Instalaciones Eléctricas y Automáticas
No noso colexio unímonos a esta causa tan importante cunha iniciativa chea de creatividade e esperanza: "Abrindo as ás"
Construímos un fermoso mural colaborativo no que todo o centro participou, enchendo unhas ás de cores e mensaxes de igualdade, respecto e solidariedade. Tamén creamos pulseiras e decoramos plumas con palabras que expresan o noso compromiso por un mundo sen violencia.
Por que o facemos? Porque cremos nunha sociedade onde todas as persoas poidan vivir en liberdade e paz, e sabemos que educar en igualdade é o camiño para acadar ese soño.
Hoxe e todos os días: xuntos e xuntas, abrimos as ás cara a unha vida sen violencia.
https://photos.app.goo.gl/vXVn7ZYviFdzWrDK6
