Volver

3º E 4º DA ESO VISITAN O MUNCyT NA CORUÑA.

post
Ver más imagenes

Con motivo do mes da ciencia, o pasado xoves 14 de novembro, o alumnado de 3º e 4º da ESO realizaron unha visita ao MUNCyT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) na Coruña.

No museo poidemos ver desde un dos motores do Boeing 747 que trouxo de volta a España o Guernica de Picasso, a lembrar aquelas primeiras máquinas que foron xerme da nosa tecnoloxía actual (teléfonos antigos, un primeiro modelo de ordenador Apple, unha lavadora manual, as primeiras radios, máquinas de escribir, máquinas de vapor, as primeiras calculadoras,...).

Tamén realizamos un obradoiro sobre reaccións químicas e PH, moi interactivo e que motivou a moitos dos participantes. Sen dúbida, repetiremos.