O 26 de novembro, os alumnos de 1º de Bacharelato acudimos á Cidade da Xustiza baixo o programa Educar en xustiza, co que se propón achegar aos estudantes o funcionamento da Xustiza e o papel de cada unha das personas que forman parte dela.
Asistimos a varios xuízos, nalgúns deles os acusados estaban en conformidade coa sentenza, e tiñan redución de pena. (Estafa, roubo reincidente nun coñecido supermercado, agresión… )
A experiencia foi fabulosa, os alumnos aprenderon en directo as consecuencias de infrinxir as leis e como funciona a nosa xustiza. O xuíz e mais o fiscal foron moi cercanos e comentaban todos os casos antes do xuízo e despois del. Foi realmente unha Masterclass.