Volver

ENTROIDO NO COLE 2025

post
Ver más imagenes

 Entroido no Cole Vigo!

Este ano vivimos un Entroido inesquecible!  O noso colexio encheuse de cor, ledicia e moita troula para celebrar unha das festas máis especiais do ano. Comezamos cun desfile espectacular polas rúas de Redondela, onde pequenos luciron os seus disfraces de animais domésticos e os profes de veterinarios, acorde con Plan Proxecta levado a cabo na Primaria este curso: "Persoas responsables, mascotas felices".

Despois, seguimos a festa no colexio cunha xornada chea de música e baile. Non faltaron as risas e os disfraces orixinais.

Grazas a todas as familias, alumnado e profesorado por facer deste día unha experiencia única. Ata o próximo Entroido!