Festas Escolares no Colegio Vigo! Despois de dous días repletos de emoción, risas e entusiasmo, os talleres de chapas, maquillaxe, pulseiras de cores, campionatos deportivos, xogos e os incribles inchables encheron de alegría cada recuncho do cole.
Moitísimos parabéns ao equipo VERDE por ser os gañadores desta edición.
Un aplauso xigante aos profesores organizadores, quen coa súa dedicación e esforzo crearon momentos inesquecibles. Grazas por facer realidade esta festa de amizade e deporte!
Empeza a conta atrás para a próxima edición!
