Volver

CELEBRACIÓN SAMAÍN

post
Ver más imagenes

Hoxe no noso colexio vivimos un Samain espectacularmente arrepiante e cheo de diversión! 
Desde un paseíño polo túnel do terror que non só asustou senón que nos axudou a espantar os nosos medos, ata contacontos sinistros que nos puxeron os pelos de punta. A exposición de cabazas e vasoiras con horribles e orixinais deseños deixounos a todos coa boca aberta!  Queremos agradecer enormemente ás familias pola súa increíble creatividade e por encher a exposición de espírito terrorífico. E, por suposto, a toda a comunidade educativa que fixo posible esta xornada chea de risas e maxia!