Volver

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

post

Hoxe no noso centro celebramos o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Cada aula participou na creación dun mural colaborativo baixo o lema:

“No noso cole, ancoramos a igualdade.
As ondas levan a violencia, e a luz do faro guía a convivencia."

O alumnado escolleu palabras que queremos deixar atrás e converteunas en ondas que o mar se leva, construíndo xuntos un espazo máis seguro, respectuoso e igualitario.

Este vídeo recolle parte do traballo, da creatividade e do compromiso do noso alumnado.
Seguimos educando para a convivencia, pola igualdade e contra calquera tipo de violencia.

#25N #Igualdade #Convivencia