Volver

Pequenas e pequenos chefs, grandes hábitos saudables

post
Ver más imagenes

Celebramos o Día Mundial da Saúde!

 Hoxe vivimos unha xornada moi especial na que os nosos nenos e nenas aprenderon, dunha maneira divertida e participativa, a importancia de coidar a súa alimentación. Para iso, puxéronse mans á obra elaborando as súas propias merendas saudables: saborosas espetadas de froita!

 Con moita ilusión e creatividade, combinaron diferentes froitas, creando petiscos cheos de cor, sabor e nutrientes que lles aportan enerxía para o seu día a día.

 No colexio seguimos apostando por fomentar hábitos de vida saudables, convencidos de que pequenas accións como esta axudan a construír un futuro máis san e feliz.