Volver

VOANDO ALTO: EMOCIÓN E VALORES NA VISITA AO TEATRO DE INFANTIL

post

O noso alumnado de Educación Infantil visitou o Teatro Afundación para gozar da obra Vuela Pluma.

A través da historia dun pequeno paxaro que decide abrir as súas ás e saír da súa gaiola, descubrimos valores tan importantes como a liberdade, a amizade e a importancia de ser quen somos .

Foi unha experiencia chea de emocións, na que os nosos peques estiveron moi atentos, participaron e gozaron moitísimo!

Seguimos aprendendo tamén fóra da aula, vivindo momentos únicos que nos fan medrar xuntos.