O alumnado de 5º e 6º de Primaria visitou as instalacións de Biscuits Galicia, onde coñeceu de primeira man como se elaboran as galletas.
Aprenderon sobre o proceso de produción, a súa empaquetación e a posterior distribución, descubrindo todo o camiño que seguen ata chegar ás nosas casas.
Unha visita moi interesante e saborosa! Grazas a Biscuits Galicia pola súa acollida.
