Este ano convertémonos en superheroes do futuro participando na 5ª Xornada das Superheroínas e Superheroes da Fundación La Nineta dels Ulls.
Co noso mural “A cadea da inclusión: coas nosas mans construímos un mundo mellor” , o alumnado deixou a súa pegada enchendo cadansúa man cun valor, mensaxe ou debuxo inclusivo.
Unha actividade chea de creatividade, respecto, empatía e ilusión que nos lembra a importancia de construír entre todas e todos unha sociedade máis inclusiva.
Grazas á Fundación por contar un ano máis connosco para seguir imaxinando e construíndo un mundo mellor.
#SuperheroesDoFuturo #Inclusión #EscolaInclusiva #EducaciónEnValores #FundaciónLaNinetaDelsUlls #Diversidade #XuntasSumamos #ColeEnAcción
