Volver

COLLEITA FINAL NA NOSA HORTA ESCOLAR!

post

Hoxe é un día moi especial na nosa aula! 
Os nosos pequenos e pequenas agricultores e agricultoras de 2º de Primaria recolleron por fin os froitos do seu traballo. Durante estas semanas, coidaron con moita paciencia e agarimo a nosa horta escolar e, hoxe, cada alumno e alumna levou para a casa os pementos que cultivaron coas súas propias mans. 

Non hai mellor lección que ver como o esforzo e a constancia se converten en alimento real. Estamos moi orgullosos do ben que o fixeron!

Esperamos que disfrutedes moito desta colleita na casa. Que receita farán con eles?