Os alumnos de 1º e 3º da ESO visitaron o Museo de Arte Contemporánea de Vigo como complemento da asignatura de plástica.
Fomos recibidos por unha orientadora didáctica que impartiu una charla sobre o propio edificio onde se atopa albergado o museo, a finalidade era que os alumnos/as soubesen algo máis sobre a historia de Vigo.
A continuación amosáronnos as distintas obras da artista María Luísa Fernández, esta exposición plantexa un percorrido polo seu traballo no que se relacionan distintos grupos de esculturas, debuxos e instalacións que, ata a data, non se mostraran de xeito retrospectivo. Explicáronnos o interese da artista por mostrar a excasa presencia das mulleres no mundo da arte.
A valoración da saída foi positiva; moitos deles era a primeira vez que visitaban o Marco de Vigo, e reflexionaron sobre a importancia do concepto como elemento fundamental na Arte Contemporánea.