Volver

CHARLA SOBRE AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

post
Ver más imagenes

Hoxe visitounos Ricardo Figueroa, membro do Clube de Montañeiros Aromon. Veu presentar aos nosos alumnos unha modalidade deportiva pouco coñecida: AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN.

Co motivo de animalos a inscribirse na próxima carreira que terá lugar en Redondela o domingo día  20 de novembro, contoulles a historia deste deporte e as distintas modalidades. Trouxo Balizas, Compases (“brújulas”) e Pinzas de Control para que os rapaces puidesen comprobar que o material empregado é moi sinxelo, e polo tanto pouco custoso así como apto para todas as idades.

Deixounos fichas de inscrición e instounos a que se deran présa xa que nesta 1ª edición só poden participar 60 concursantes