O día 25 de novembro, os alumnos de 1º e 2º da ESO visitaron o teatro Afundación en Vigo para participar nunha sesión de cine submarino correspondente ao 26 aniversario da semana de cine submarino de Vigo.
Asistimos ao documental "O Choco: baixo as ondas da enseada de San Simón", unha curtametraxe de 18 minutos para amosar a vida do choco baixo as augas da nosa enseada. Sorprendeunos o comportamento e as estratexias que utilizan para defenderse, reproducirse ou depredar.
No segundo documental titulado “Espello líquido” os alumnos puideron aproveitar para aprender algo máis dos fondos mariños dunha forma diferente a como están acostumados na aula, a través de pequenas historias duns seres únicos que souberon adaptarse a un mundo hostil. Achegar este coñecemento fainos entender e valorar os ciclos naturais, dándolle sentido ao compromiso co desenvolvemento sostible.