Charla sobre os Comentarios de texto de Selectividade
O martes 21 de febrero, dúas profesoras do Colexio Maior Universitario Arosa, adscrito á Universidade de Santiago, viñeron ao noso centro a axudar a preparar aos nosos alumnos os comentarios filosófico e crítico segundo o modelo da Selectividade para as asignaturas de Historia da Filosofía e Lingua e Literatura Castelá.
O título da charla era Ferramentas básicas para afrontar con éxito o comentario de texto. O alumnado traballou de modo práctico un modelo de exame como o que van ter que realizar ao finalizar os seus estudos de bacharelato para acceder á Universidade.
Esperamos que lles sirva para ter máis claro o método de traballo na casa e estruturar ben os contidos no propio exame.