SAÍADA A MANZANEDA
O pasado martes día 4 de abril, os alumnos da ESO acudiron á estación de montaña de Cabeza de Manzaneda como todos os anos. Disfrutamos dun día fantástico de neve e montaña. Chegamos sobre as 11 da mañá, e logo de repoñer forzas, dispuxémonos para ascender a parte superior da estación practicando un pouco de sendeirismo.
A subida foi moi entretida, porque ao ir atopando neve empezaron as batallas de bolas, que fixo a ledicia, tanto dos máis pequenos, coma dos maiores. Tivemos tempo de sacarnos algunas fotos e chegar a parte alta onde atopamos unha ladeira coa neve suficiente para podernos tirar cos trineos.
Despois baixamos de novo a cafetería para xantar e descansar da xornada antes de emprender o regreso a Vigo, non sen antes parar a comprar unhas bicas típicas da zona.