Volver

CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO

post
Ver más imagenes

                                                                  DÍA DO LIBRO

O pasado venres 28 de abril celebrouse no Colegio Vigo a conmemoración do Día do Libro. Este ano decidimos homenaxear a Gloria Fuertes, así que os traballos do alumnado fundamentáronse no xénero lírico.

Unha vez no salón de actos, os alumnos e alumnas de sexto de primaria inauguraron o acto cunha presentación dos escritores referentes da literatura, como Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Cervantes. De seguido os mesmos alumnos presentáronnos a biografía de Gloria Fuertes, tanto persoal como artística.

A continuación, proxectouse un vídeo dos alumnos desde Educación Infantil ata Sexto de Primaria onde cada grupo interpretou unha poesía da autora. Os alumnos da ESO conmemoraron este día cunhas creativas e orixinais poesías que eles mesmos compuxeron.

O emotivo acto pechouse cun vídeo fotográfico da relevante escritora.