FESTAS ESCOLARES
O pasado día 1 de xuño comezaron as tradicionais festas escolares no Colegio Vigo nunha activa mañá de deportes para os nenos e nenas de Infantil e Primaria. Durante a tarde do mesmo día e na xornada seguinte continuaron as competicións deportivas para o resto dos cursos, onde entre outros disfrutamos de encontros de fútbol, pin-pon, voley bal, maratóns, baloncesto, etc. entre alumnos e tamén profesores. Os máis pequenos disfrutaron cos hinchables e múltiples xogos adaptados a súa idade. Este ano os patios tingíronse de catro cores que serían representativas dos equipos participantes. O equipo gañador nesta edición foi o amarelo. As festas remataron co 46º Festival do centro e baixo o título “RandeVisión”, o alumnado ofreceu moi ilusionado ás familias e amistades alí presentes diversos números de moi boa calidade.