Volver

OBRADOIRO SCRIPTORIUM

post
Ver más imagenes

O pasado venres 17 de novembro, os alumnos de 6º de primaria asistiron a o obradoiro Scriptorium organizado polo Concello de Redondela. Os rapaces pasaron unha hora moi entretida descubrindo instrumentos antigos de escritura, tintes naturais, como se fabrica un pergamiño e facendo as súas primeiras letras coma os monxes da Idade Media. O tempo pasou voando e levaron traballo para casa, algúns serían monxes copistas se vivisen naqueles tempos!