Volver

XORNADA DE NORMALIZACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

post
Ver más imagenes

O pasado venres, 24 de novembro, o Colegio Vigo participou na Xornada de Normalización que organizaron as Escolas Católicas no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Ata alí trasladouse a Coordinadora de Normalización lingüística do centro, a profesora Dona María Montserrat Ruibal Fdez. Foi un día de traballo diferente e moi interesante no que se trataron diversos temas relacionados coa nosa cultura e lingua. Participamos nunha homenaxe e acudimos a unha exposición e a unha actuación dun mestre cantautor. Unha xornada sen dúbida algunha moi proveitosa.