O pasado luns 15 de xaneiro, recibimos a visita de Antonio García Teijeiro, o último Premio Nacional de Literatura. Fixémoslle un poema coa súa biografía entre toda a clase de sexto e lle encantou. Falounos dos seus libros e leunos algúns poemas do seu libro Poemar o mar. Trouxo un amigo que tamén nos recitou, Martiño, que, inda que era de trapo, sabía cantar. Puidemos facerlle varias preguntas sobre a vida dun escritor e resultou moi interesante. Grazas, Antonio, aprendimos moito.