Redondela en curto. Curtos Andaina e visita de Alex Ferradás
O alumnado de primeiro curso a cuarto de primaria asistiu o martes 24 de abril ao multiusos da Xunqueira invitados por Andaina (Asociación de persoas con NNEE) para ver unha serie de curtos animados, aproveitando a 14º edición Redondela en curto, sobre a inclusión de persoas que tendo algunha dificultade mental, física ou sensorial loitan día día para superala e conseguir con éxito as súas metas.
Despois do visionado dos curtos tivemos a sorte de coñecer a Alex Ferradás, un deportista tetrapléxico que contounos a súa experiencia vital, e como supera día día certas dificultades grazas, entre outras cousas, ao deporte.
Por último, despedímonos de Alex e dos responsables de Andaina na pista da Xunqueira, onde fixemos unha carreira de obstáculos en cadeira de rodas entre alumnos de distintos colexios.
Grazas a Andaina por invitarnos un ano máis a este evento e seguir aprendendo con eles dun modo tan ameno e cercano.