Volver

II FORO DA EDUCACIÓN, FARO IMPULSA

post
Ver más imagenes

 

Este colexio está en formación continua.

 Varios profesores do colexio aproveitamos a oportunidade que nos brindou o pasado venres 19 de outubro o II FORO DA EDUCACIÓN, FARO IMPULSA  de ter na nosa cidade a formadores de renome a nivel nacional como a asesora experta en coaching para pais Claudia Bruna, e o prestixioso formador Emilio Duró.

Atopamos claves para descubrir  o tesouro escondido dentro de cada pequeno e mesmo como facer que sexan eles mesmos os que nolo vaian descubrindo.

E tamén que a formación persoal e a busca da felicidade é un camiño no que non vale renderse. Todos teremos que nos  reinventar para unha longa vida e para iso, o máis importante é a actitude coa que encaremos o que nos pasa.

Duró deunos as claves do éxito na vida:

“ Vivila con optimismo, paixón, traballando duro, e coñecementos”

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar