Volver

2º ENCONTRO DE CENTROS INNOVADORES DE GALICIA

post

O mércores 3 de abril tivo lugar en Vigo o 2º Encontro de Centros Innovadores de Galicia. Acto ao que asistiu un numeroso grupo de profesores e profesoras do Centro. Este encontro, ademais de ofrecer interesantes ponencias de expertos como Pere Marqués, ofreceu a oportunidade de compartir experiencias docentes innovadoras entre centros escolares que enriqueceron sen dúbida aos asistentes. Como peche do Encontro, o exdirector do Colegio Vigo, D. José Álvarez Carpintero, fixo unha reflexión interesante sobre o fracaso escolar, aportando consellos prácticos e útiles, tales como a comunicación coas familias, o trato individualizado ao alumnado e a motivación, piares básicos do ensino que, de seguro, axudan á promoción do alumnado.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar