Volver

CONGRESO DE VALORES: LO QUE NOS MUEVE

post
Ver más imagenes

O día 10 de abril, os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiron a un congreso de valores  organizado pola fundación LO QUE NOS MUEVE, que ten entre os seus fins transmitir entre os rapaces testemuñas de persoas que son un exemplo positivo a seguir e que coa súa vida e as súas experiencias amosen outra realidade e potencien o pensamento reflexivo que os mova por dentro.

Nesta ocasión contamos coas vivencias de tres persoas dignas de eloxio, Víctor Tasende, Eva Moral e Antonio Pampliega.

Víctor sufriu unha tetraplexia incompleta da que se recuperou e agora corre en probas extremas. Eva non tivo tanta sorte, despois dun grave accidente de bicicleta, quedou parapléxica pero o seu espírito loitador levouna xa a ser campiona de paratriatlón e, por último, Pampliega, periodista que vén de presentar o seu programa de televisión en Cuatro TV “ Pasaporte Pampliega” e contounos experiencias vividas en Afganistán, Siria e O Congo.

Foron experiencias conmovedoras, realmente impactantes, penso que foi unha ocasión magnífica para que o alumnado valorase o que ten, e os problemas que existen noutras partes do mundo 

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar