Volver

VISITA Á ASOCIACIÓN ANDAINA

post
Ver más imagenes

O alumnado de primeiro, segundo, quinto e sexto de Primaria asistiu a Proxección da Sección Infantil de Curtametraxes da Asociación Andaina que tivo lugar en Redondela co gallo do VII Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade Funcional. Despois do visionado de curtos escoitamos atentamente a Miguel Pérez, quiromasaxista terapéutico con Sindrome de Down e por último rematamos cun obradoiro lúdico moi interesante que achega aos rapaces e rapazas á realidade de vivir cunha discapacidade. Neste evento tamén foron anunciados os finalistas escolares do concurso de Debuxo Andaina que nesta ocasión foron, Claudia García, Ariana Rodríguez, Claudia Couñago e Carolina Álvarez. O sábado 27 de abril no Multiusos da Xunqueira, ás 20:00 horas proxectarase o bloque 2 da sección oficial de curtos, seguido de actuación musical e por último terá lugar a entrega de premios Andaina.