Volver

Instrucións 3ºTrimestre e Fin de Curso

Estimadas familias,

Antes de nada desexamos de corazón  que sigades ben de saúde.

Informamos nesta mensaxe sobre o desenvolvemento da terceira avaliación e este final de curso tan excepcional.

A partir do 25 de maio, segundo as últimas instrucións da Xunta, só os cursos de 2ºde Bacharelato e 2º de Ciclo Medio poderán volver ás aulas de xeito voluntario. No resto dos cursos, continuaremos co reforzo de aprendizaxes imprescindibles en competencias básicas mediante actividades de recuperación, repaso e reforzo da materia dada ata o 19 de xuño. Nalgunhas materias iremos vendo un pouquiño aqueles contidos máis importantes  que podemos avanzar sen dificultade, de forma moi sinxela.  Esta materia  volverase a explicar o vindeiro curso, soamente é para que lles soen un pouco os contidos.

O sistema de avaliación  basearese na media entre a primeira e a segunda avaliación e as actividades levadas a cabo de forma non presencial avaliaranse sempre de forma positiva.

En canto ao sistema de recuperación, enviámosvos a metodoloxía e os docentes poranse en contacto con aquel alumnado que teña materias pendentes para concretar o modo no que pode recuperalas. Esta metodoloxía tamén estará publicada na páxina web do Centro (blogs educativos).

O alumnado que promocione con materias pendentes poderá pasar de curso pero terá que recuperar o vindeiro curso escolar mediante un plan específico de recuperación.

Manterémovos informados das novas que vaian xurdindo. Desde o Colegio Vigo queremos tranquilizarvos dicindo que temos moi en conta a traxectoria do alumnado desde o comezo de curso e por suposto as circunstancias de cada familia, pois nos consta que por múltiples motivos non contamos por igual cos mesmos recursos para afrontar a educación a distancia.

Sen máis, recibide toda a nosa forza e cariño para superar estes momentos.

Moito ánimo!

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar