Volver

AXUDAS LIBROS MATERIAL E FONDO LIBROS 2020-2021

Estimadas familias:

 

Como tódolos anos, convócase o prazo de solicitude de  axudas de libros de texto, material escolar e fondo  de libros.

O prazo de presentación comprende dende o 25 de maio ao 19 de xuño de 2020.

Este ano debido a situación de alerta sanitaria a presentación será preferiblemente de forma telemática a través da plataforma sede.xunta.gal .

Tamén poderá presentarse na Secretaría do Centro , solicitando cita previa no teléfono 986 40 07 62.

Adxuntamos a información completa  dos requisitos para solicitar a axuda e os impresos  que se poden descargar dende o apartado de Secretaria.

Con respecto a DEVOLUCIÓN  DE LIBROS DE TEXTO DESTE CURSO, informaremos no seu momento, noutra circular, as datas e o procedemento para levala a cabo. Grazas.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar